Boas Familias!
Eiquí algúns consellos prácticos de que podemos facer como pais e nais para axudar aos nosos fillos/as ante esta situación:
- Coidese: para coidar e transmitir calma e seguridade aos seus fillos/as é esencial que vostede se sinta confiado e tranquilo.
- Sexa vostede a fonte de información fiable para o seu fillo/a: fale de xeito natural sobre os síntomas da enfermidade, transmita seguridade e confianza en que todo sairá ben e que se atopa seguro coa súa familia, favoreza que lle fagan preguntas.
- Trate de que os seus fillos lle conten como se sinten: pregúntelle se se sinte triste ou asustado, pode pedirlle que lle debuxe unha cara triste, asustada, alegre...; ensínelle que se pode sentir máis relaxado con algúns xogos; trasmítalle que é normal sentirse como se sinte; pídalle que debuxe un coronavirus, propóngalle que inventen un conto ou unha historia na que apareza o neno e o coronavirus, pode incluir amigos, familia...
- Fomenten en familia "O Equipo Anticoronavirus" : explíquelle que son e para que serven as mascarillas, como esbirrar ou toser, como lavarse as mans; explíquelle que estar na casa e non ir ao colexio é algo pasaxeiro, fágalle sentir que estar en casa e coidarse vence ao coronavirus, fágalle sentir que toda a familia está a loitar contra o coronavirus.
- Empregue a tecnoloxía como aliada: faga video conferencias, chats ou WhatsApp con amigos ou familiares; vea series ou películas, busque vídeos de manualidades; pero procure que o tempo de exposición non sexa excesivo e sempre acompañado.
- Mantéñanse activos en familia: unha rutina a medida da familia: fagan unha planificación das actividades e horarios do día: hora de levantarse, o tempo de actividades escolares, hora da comida, tempos de descanso, cea, ou baño, hora de ir a dormir.
- Organize o seu tempo e o dos seus fillos "todos a traballar"
- Poña límites, as normas tamén lles axudan nestes momentos.
- Aproveite estes intres para facer cousas que nunca teñen tempo de facer xuntos.
- Busque apoio psicolóxico para afrontar a crianza dos seus fillos se cree que o precisa: con algún recurso de axuda telemática.
Moito ánimo a todos/as!
No hay comentarios:
Publicar un comentario