- Pregunte aos mestres/as e persoal da escola: "Que funcionaba para o meu fillo cando precisaba concentrarse?", "canta axuda debo proporionarlle durante a tarefa?.
- Estruture o día: especialmente os nenos/as con TDAH o precisan máis que os demais nenos/as. É importante ter un horario publicado nalgún lugar da casa que mostre o que farán en cada momento do día.
- Pense en termos de refachos de aprendizaxe: os nenos/as con TDAH só poden enfocarse e traballar de xeito efectivo durante 45 minutos como máximo. Trátase de mantelos interesados durante un período de tempo que sexa realista para a súa capacidade de atención e logo darlles un descanso.
- Alterne as actividades que sexan menos atractivas para eles con aquelas coas que desfrutan máis. Por exemplo: 45 minutos de traballo escolar, seguido cun refrixerio favorito, unha camiñata ou xogar videoxogos.
- Use a atención positiva: os nenos/as con dificultades de atención e control de impulsos necesitan recibir eloxios grandes, alentadores, inmediatos e intensos. Por exemplo: "Excelente traballo ao comenzar a túa tarefa tan rápido!"
- Use a atención como motivador e recompensa: podería usar os debuxos dun semáforo e dicir "cando o semáforo de mamá se poña en vermello, non está dispoñible, ela está a traballar. Pero cando se poña verde, é a súa oportunidade de xogar contigo"
- Estar presente cando esté presente: cando preste atención ao neno fágao plenamente, evite distraerse revisando o seu teléfono ou correo electrónico durante eses momentos en que lle prometeu toda a súa atención.
- Non espere o éxito instantáneo!: sería bo manter as expectativas baixas ao principio mentres atopa o ritmo e vai descubrindo como funcionará isto para todos/as. Pénseo como un proceso de proba-erro.
Benvid@s a este novo blogue que o Departamento de Orientación pon á vosa disposición onde imos compartir algunas ideas para traballar co alumnado de apoio educativo que acode ás aulas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe.
Diccionario Real Academia Española
jueves, 7 de mayo de 2020
COMO APOIAR A NENOS/AS CON TDAH DURANTE A CRISE DO COVID-19:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
EL HIJO DE BIGFOOT
Bo día! Hoxe repasamos as táboas de multiplicar a través deste entretido xogo. Só tedes que premer no enlace ...e a xogar!! Un saúd...
-
Bo día! 2 de abril é o día escollido polas Nacións Unidas para concienciar ó mundo sobre o Autismo, co obxectivo de mellorar a calidade de...
-
Bo día! A proposta de hoxe vai dirixida especialmente aos nenos de 3º e 4º. Imos repasar as mates dun xeito lúdico e divertido. No s...
-
Bo día. Xa queda menos para volver a vernos. Pero mentras teñamos que seguir na casa, vamos a seguir ocupando o tempo para que se nos pase...
No hay comentarios:
Publicar un comentario