martes, 12 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Bos días:

Co gallo do día das Letras galegas deixámosvos un xogo ben entretido.
Animádevos a resolver os retos e así coñecer un pouco máis ao homenaxeado deste ano, Ricardo Carvalho Calero.
Tedes que ir superando probas e así conseguiredes un número segredo. Este número vaivos ser necesario para resolver a proba final, así que,  non te esquezas de ir anotándoos nun papel.

Nada máis, collede lapis e papel e SORTE.



Para saber máis: 
https://view.genial.ly/5eb28defe4d83e0d37f2fcb6/horizontal-infographic-timeline-letras-galegas-2020


Para os alumnos/as de Infantil e de 1º e 2º curso tamén vos deixo uns enlaces para realizar actividades interactivas e coñecer un pouco máis a este gran escritor galego.
Un dos seus libros máis famosos para os nenos e nenas é As pitas baixo a choiva.
Queredes escoitalo? pinchade no seguinte enlace




As pitas baixo a choiva: https://www.youtube.com/watch?v=8VrdvVwY1rA
Actividades interactivas:  http://primaveradasletras.gal/as-pitas-baixo-a-chuvia/

Actividades en pdf con apoio visual. https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20619.pdf.

Un saúdo



No hay comentarios:

Publicar un comentario

EL HIJO DE BIGFOOT

Bo día! Hoxe repasamos as táboas de multiplicar a través deste entretido xogo. Só tedes que premer no enlace ...e a xogar!! Un saúdo.