viernes, 29 de mayo de 2020

LA GRIPE DE MORITZ


Bo día!

Hoxe traemos unha nova actividade de comprensión lectora, dirixada a alumnado de 3º e 4º de primaria. Escoitade atentamente a historia e respondede as preguntas. Premede no enlace: La gripe de Moritz.



Un saúdo.

martes, 26 de mayo de 2020

MONSTRUO COMESÍLABAS


Bo día!

O monstruo comesílabas é un xogo dirixido aos máis pequenos, no que o alumnado ten que xogar cos sons nas diferentes posicións das palabras. Esto vai a reforzar a conciencia fonolóxica, moi importante para desenvolver unhas habilidades lectoras axeitadas. 

PINCHA AQUÍ



Un saúdo

viernes, 22 de mayo de 2020

UNHA DE MATES

Bo día.

Hoxe toca... repaso das táboas. Para iso deixámosvos unha ficha onde tedes que resolver un puzle de multiplicacións. Animádesvos? Pois premede no enlace.



Un saúdo.

miércoles, 20 de mayo de 2020

SEPARA PALABRAS

Bo día.

Ás veces os nosos alumnos ou alumnas cando escriben de forma espontánea xuntan dúas palabras ou separan unha en dúas. Para mellorar eses erros debemos traballar a conciencia léxica ou conciencia de palabra.

Así que hoxe, traemos unha ficha  interactiva onde os nenos e nenas teñen que separar correctamente as palabras dunha oración.






Un saúdo.

martes, 12 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Bos días:

Co gallo do día das Letras galegas deixámosvos un xogo ben entretido.
Animádevos a resolver os retos e así coñecer un pouco máis ao homenaxeado deste ano, Ricardo Carvalho Calero.
Tedes que ir superando probas e así conseguiredes un número segredo. Este número vaivos ser necesario para resolver a proba final, así que,  non te esquezas de ir anotándoos nun papel.

Nada máis, collede lapis e papel e SORTE.



Para saber máis: 
https://view.genial.ly/5eb28defe4d83e0d37f2fcb6/horizontal-infographic-timeline-letras-galegas-2020


Para os alumnos/as de Infantil e de 1º e 2º curso tamén vos deixo uns enlaces para realizar actividades interactivas e coñecer un pouco máis a este gran escritor galego.
Un dos seus libros máis famosos para os nenos e nenas é As pitas baixo a choiva.
Queredes escoitalo? pinchade no seguinte enlace




As pitas baixo a choiva: https://www.youtube.com/watch?v=8VrdvVwY1rA
Actividades interactivas:  http://primaveradasletras.gal/as-pitas-baixo-a-chuvia/

Actividades en pdf con apoio visual. https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20619.pdf.

Un saúdo



jueves, 7 de mayo de 2020

       COMO APOIAR A NENOS/AS CON TDAH DURANTE A CRISE DO COVID-19:

  1. Pregunte aos mestres/as e persoal da escola: "Que funcionaba para o meu fillo cando precisaba concentrarse?", "canta axuda debo proporionarlle durante a tarefa?.
  2. Estruture o día: especialmente os nenos/as con TDAH o precisan máis que os demais nenos/as. É importante ter un horario publicado nalgún lugar da casa que mostre o que farán en cada momento do día.
  3. Pense en termos de refachos de aprendizaxe: os nenos/as con TDAH só poden enfocarse e traballar de xeito efectivo durante 45 minutos como máximo. Trátase de mantelos interesados durante un período de tempo que sexa realista para a súa capacidade de atención e logo darlles un descanso.
  4. Alterne as actividades que sexan menos atractivas para eles con aquelas coas que desfrutan máis. Por exemplo: 45 minutos de traballo escolar, seguido cun refrixerio favorito, unha camiñata ou xogar videoxogos.
  5. Use a atención positiva: os nenos/as con dificultades de atención e control de impulsos necesitan recibir  eloxios grandes, alentadores, inmediatos e intensos. Por exemplo: "Excelente traballo ao comenzar a túa tarefa tan rápido!"
  6. Use a atención como motivador e recompensa: podería usar os debuxos dun semáforo e dicir "cando  o semáforo de mamá se poña en vermello, non está dispoñible, ela está a traballar. Pero cando se poña verde, é a súa oportunidade  de xogar contigo"
  7. Estar presente cando esté presente: cando preste atención ao neno fágao plenamente, evite distraerse revisando o seu teléfono ou correo electrónico durante eses momentos en que lle prometeu toda a súa atención.
  8. Non espere o éxito instantáneo!: sería bo manter as expectativas baixas ao principio mentres atopa o ritmo e vai descubrindo como funcionará isto para todos/as. Pénseo como un proceso de proba-erro.

martes, 5 de mayo de 2020

VÍDEOS DE REPASO: LA ORACIÓN. SIGNOS DE PUNTUACIÓN. SIGNOS DE EXCLAMACIÓN.



Bo día:
Hoxe déixovos uns vídeos de repaso que podedes visualizar á hora de facer os exercicios.

La oración: sujeto y predicado

Punto y coma, dos puntos y puntos suspensivos 

Signos de puntuación







lunes, 4 de mayo de 2020

USAMOS O DICIONARIO

Ola nenos e nenas:

Hoxe imos traballar co dicionario, xa que o debemos considerar unha ferramenta fundamental na  vida dun estudante.
Usar un dicionario vai máis alá de atopar unha palabra, debemos aprender a interpretar toda esa información recollida para aplicala ao contexto ao que se refire.

Pero, para empezar a usar este manual debemos coñecer perfectamente o ABECEDARIO. (se aínda non sae ben, nesta semana podedes repasalo).
Logo, realiza cos teus pais, irmáns,... xogos e actividades que impliquen o uso do dicionario.

Non esquezades, o dicionario debe converterse nun elemento sempre presente na mesa de estudo de todo neno/a, podendo así consultar calquera cuestión sobre ortografía ou gramática. Por iso, se non tendes un dicionario a man,  facilítovos un enlace para acceder dende o blogue tanto ao Dicionario da Real Academia Galega como ao Dicionario da Real Academia Española, sempre que o necesitedes.
Podedes visualizar estes vídeos: 
Canciones del Abecedario.


Cómo Usar el Diccionario.

PROPOSTA DE PLANIFICACIÓN PARA A SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

Bo día:
Para continuar coas rutinas que tiñamos na aula deixamos unha guía do traballo para esta primeira semana do mes de maio.  É orientativa, vós podedes ir adaptándoa como mellor conveña.

Pinchando AQUÍ pódese acceder ao calendario do mes de maio para seguir traballando os días da semana. Recordade que na banda dereita do blogue tamén tedes un enlace para escoitar a canción.

Bo comezo de semana.
Un saúdo.

DESCARGAR
CALENDARIO

sábado, 2 de mayo de 2020

viernes, 1 de mayo de 2020

Venres 1 de maio 2020

Boas Familias!

Eiquí algúns consellos prácticos de que podemos facer como pais e nais para axudar aos nosos fillos/as ante esta situación:


  1. Coidese: para coidar e transmitir calma e seguridade aos seus fillos/as é esencial que vostede se sinta confiado e tranquilo.
  2. Sexa vostede a fonte de información fiable para o seu fillo/a: fale de xeito natural sobre os síntomas da enfermidade, transmita seguridade e confianza en que todo sairá ben e que se atopa seguro coa súa familia, favoreza que lle fagan preguntas.
  3. Trate de que os seus fillos lle conten como se sinten: pregúntelle se se sinte triste ou asustado, pode pedirlle que lle debuxe unha cara triste, asustada, alegre...; ensínelle que se pode sentir máis relaxado con algúns xogos; trasmítalle que é normal sentirse como se sinte; pídalle que debuxe un coronavirus, propóngalle que inventen un conto ou unha historia na que apareza o neno e o coronavirus, pode incluir amigos, familia...
  4. Fomenten en familia "O Equipo Anticoronavirus" : explíquelle que son e para que serven as mascarillas, como esbirrar ou toser, como lavarse as mans; explíquelle que estar na casa e non ir ao colexio é algo pasaxeiro, fágalle sentir que estar en casa e coidarse vence ao coronavirus, fágalle sentir que toda a familia está a loitar contra o coronavirus.
  5. Empregue a tecnoloxía como aliada: faga video conferencias, chats ou WhatsApp con amigos ou familiares; vea series ou películas, busque vídeos de manualidades; pero procure que o tempo de exposición non sexa excesivo e sempre acompañado.
  6. Mantéñanse activos en familia: unha rutina a medida da familia: fagan unha planificación das actividades e horarios do día: hora de levantarse, o tempo de actividades escolares, hora da comida, tempos de descanso, cea, ou baño, hora de ir a dormir.
  7. Organize o seu tempo e o dos seus fillos "todos a traballar"
  8. Poña límites, as normas tamén lles axudan nestes momentos.
  9. Aproveite estes intres para facer cousas que nunca teñen tempo de facer xuntos.
  10. Busque apoio psicolóxico para afrontar a crianza dos seus fillos se cree que o precisa: con algún recurso de axuda telemática.
Moito ánimo a todos/as!


EL HIJO DE BIGFOOT

Bo día! Hoxe repasamos as táboas de multiplicar a través deste entretido xogo. Só tedes que premer no enlace ...e a xogar!! Un saúdo.