Bo día:
Hoxe propóñovos ir ao super "de forma
telemática", claro Que vos parece?.
En primeiro lugar imos facer a lista da
compra, o que necesitamos para os vindeiros días, desde xeito seremos máis rápidos á hora de mercar evitando
así as aglomeracións.
Para facer a lista podedes clasificar os produtos
en: alimentación, aseo, produtos de limpeza,… (a clasificación que queirades).
Si
tendes na casa folletos coas ofertas podédelos coller e así iredes comparando
prezos e axustando o voso presuposto.
Para xogar coa imaxinación podedes elixir un
produto calquera e inventarlle un slogan, para que teña máis éxito no mercado.
Exemplos de algúns slogans
Seguro que vos van saír uns slogans moi orixinais e
fantásticos. Si queredes podedes traelos ao cole á volta.
Tamén vos deixamos uns enlaces na marxe
dereita do blog, para que poidades practicar o manexo dos cartos.
Un sáudo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario