martes, 31 de marzo de 2020

PALABRITAS

Bo día!
No seguinte enlace ides atopar unha actividade para repasar a aprendizaxe e desenvolvemento das habilidades lectoescritoras. Unha proposta que vos deixamos para o día de hoxe, indicada especialmente para aqueles alumnos que se están iniciando na aventura de aprender a ler e a escribir.




Ánimo!

lunes, 30 de marzo de 2020

SERIES LÓXICAS


Bo día!
Empezamos semana e para este luns traémosvos unha app moi chula para os máis peques, para traballar o razoamento lóxico e a atención, a través de series de obxectos, animais ou cousas, nas que falta algún elemento que deben buscar: Las series lógicas de Lucas.


                   


Ánimo!!

martes, 24 de marzo de 2020

SOPLOFÚTBOL


Bo día. Hoxe animámosvos a elaborar un xogo caseiro moi fácil e divertido: o Soplofútbol.

Este xogo, é moi recomendable para fortalecer a musculatura bucofacial e mellorar a capacidade respiratoria, imprescindibles para o axeitado desenvolvemento da fala.

Quen se apunta? Clicade no vídeo e... a meter moitos goles!!!


lunes, 23 de marzo de 2020

Esta semana traballo na casa





Para continuar un pouco coas rutinas que tiñamos na aula deixamos unha guía do traballo para esta semana. Descargar guía de traballo.

Pinchando aqui pódese accedar ao calendario mensual para traballar os días da semana.
Un saúdo.










domingo, 22 de marzo de 2020

“Aquelando tamén quedamos na casa”


A CRTVG emitirá  pola G2, un bloque educativo para apoiar os estudantes galegos


Unha das apostas didácticas é “Aquelando tamén quedamos na casa”. Con ela búscase que a rapazada aprenda de xeito entretido, con explicacións, experimentos e trucos nos que se manexan conceptos e ideas de todas as materias que se poden atopar nos diferentes ciclos educativos.

Os pequenos poderán gozar tamén das clásicas series divulgativas de animación como
Era unha vez... o home” e “Era unha vez... os exploradores”, creadas por Albert Barillé

Pola súa banda, o programa “Criaturas”, achegaralle ao público máis novo o medio natural e 
os animais desde diversas perspectivas.

Horario de emisión: De luns a venres, entre as  11:00h e 13:00h.


‘Aprendemos en Casa’


Arranca ‘Aprendemos en Casa’, el proyecto de tele educativa del ministerio y RTVE

A partires de mañá luns 23 de marzo podemos ver na TV pública , na canle e franxa horaria que mostramos, una serie de contidos educativos, facilitándolle  así aprendizaxe e entretemento aos nosos rapaces e rapazas.



EDADES
LUNES
MARTES
MIÉRCOLES
JUEVES
VIERNES
ver
6-8
años
Matemáticas
Sociales
Ed. Artística
Ed. Física
Lengua
Idiomas
Naturales
9h-10h  Clan Tv
8-10
años
Matemáticas
Sociales
Ed. Artística
Ed. Física
Lengua
Idiomas
Naturales
10h-11h Clan Tv
10-12
años
Matemáticas
Sociales
Ed. Artística
Ed. Física
Lengua
Idiomas
Naturales
11h-12h  Clan Tv
12- 14
años
Matemáticas
Sociales
Ed. Artística
Ed. Física
Lengua
Idiomas
Naturales
12-13
La 2
14- 16
años
Matemáticas
Sociales
Ed. Artística
Ed. Física
Lengua
Idiomas
Naturales
12-13
La 2


Para máis información pincha no seguinte enlace:https://www.rtve.es/rtve/20200320/rtve-aprendemos-casa/2010489.shtml


viernes, 20 de marzo de 2020

Por unha sociedade máis inclusiva


Hoxe 20 e mañá 21 pon calcetíns desparellos e mellor de cores! Sigue esta iniciativa, tira unha foto e comparte nas redes!!!! Así  contribúes a acadar unha sociedade máis inclusiva!


jueves, 19 de marzo de 2020

Imos ao super ??


Bo día:
Hoxe propóñovos ir ao super "de forma telemática", claro  Que vos parece?.




En primeiro lugar imos facer a lista da compra, o que necesitamos para os vindeiros días,  desde xeito seremos máis rápidos á hora de mercar evitando así as aglomeracións.

Para facer a lista podedes clasificar os produtos en: alimentación, aseo, produtos de limpeza,… (a clasificación que queirades).

Si tendes na casa folletos coas ofertas podédelos coller e así iredes comparando prezos e axustando o voso presuposto.






Para xogar coa imaxinación podedes elixir un produto calquera e inventarlle un slogan, para que teña máis éxito no mercado.



Exemplos de algúns slogans













Seguro que vos van saír uns slogans moi orixinais e fantásticos. Si queredes podedes traelos ao cole á volta. 

Tamén vos deixamos uns enlaces na marxe dereita do blog, para que poidades practicar o manexo dos cartos.
Un sáudo.







martes, 17 de marzo de 2020

Lecturas comprensivas interactivas


Ola rapaces e rapazas:

O que máis vos pode axudar a mellorar  tanto a velocidade lectora como a comprensión é ler todos os días un pouco, aínda que non sexa moito tempo!!

Na marxe dereita deixamos un enlace onde podedes "clicar" e acceder a un plan de lectura interactivo con distintos niveis de dificultade. 

Esperamos que vos guste.

lunes, 16 de marzo de 2020

Matecitos

 Bo día:

Animámosvos a visitar a Illa de Tau,  e coñecer aos seus habitantes, os Matecitos, uns expertos matemáticos cos que podedes aprender un montón de cousas.

Explorade esta Illa e xa veredes como despois ides dicir: ¡¡¡Que divertidas son as matemáticas!!





Matecitos é unha ferramenta interactiva e lúdica para traballar as matemáticas. Moi completa abarcando os cursos de 1º a 5º con explicacións, xogos e numerosos recursos.

Presentación

Benvid@s a este novo blogue que o Departamento de Orientación pon á vosa disposición onde imos compartir algunas ideas para traballar co alumnado de apoio educativo que acode ás aulas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe.
Á vosa dereita ides encontrar algunas apps e xogos para reforzar as habilidades básicas.

Un saúdo.

EL HIJO DE BIGFOOT

Bo día! Hoxe repasamos as táboas de multiplicar a través deste entretido xogo. Só tedes que premer no enlace ...e a xogar!! Un saúdo.