viernes, 24 de abril de 2020

SUPERHEROE CONTRA O CORONAVIRUS

Bo día.

Xa que a vindeira semá os nenos e nenas poderedes saír á rúa, traémosvos un conto para anticipar e explicar a saída tralo confinamento e cumplir correctamente as normas establecidas.

Esperamos que vos guste.




                                               

Un saúdo.

jueves, 23 de abril de 2020

LEEMOS CON DIFERENTES VOCES

Bo día.

É moi importante fomentar hábitos de lectura nos nenos e incluíla na súa lista de paixóns. Para iso, debemos planteala dunha forma dinámica e divertida.

O material que vos presentamos hoxe pretende que o momento de ler resulte apetecible. Consta de varias tarxetas nas que se indican diferentes voces coas que teremos que facer a lectura. Polo que so necesitaremos un libro, coller unha das tarxetas de forma aleatoria e...facer maxia.



Un saúdo.

lunes, 20 de abril de 2020

23 Abril- Día do Libro

Co gallo do Día do Libro, invitámosvos a participar esta semana nunha actividade moi interesante. 

  23

DIARIO

Bo día.

Xa queda menos para volver a vernos. Pero mentras teñamos que seguir na casa, vamos a seguir ocupando o tempo para que se nos pase máis axiña.

¿Que vos parece se escribimos un diario? Podemos escribir todos os días o que fixemos, como nos sentimos, o que aprendemos,...

Para axudarvos un pouco, aquí vos deixamos un modelo de cómo poderíades facelo, ainda que podedes cambialo ó voso gusto. Premede no enlace e... a escribir.

Un saúdo.

viernes, 17 de abril de 2020

BOOM MATEMÁTICO

Bo día!

A proposta de hoxe vai dirixida especialmente  aos nenos de 3º e 4º. Imos  repasar as mates dun xeito lúdico e divertido.  No seguinte xogo, teredes que enfrentarvos a 17 retos matemáticos, onde haberá que resolver problemas, descompoñer números, ler reloxos,... Atrevédesvos?. Pois veña, pinchade aquí e...a xogar!!!


Ánimo!

jueves, 16 de abril de 2020

Aprendices Visuais

 Bos días:

Hoxe chegounos ao correo do centro uns enlaces para poder descargar de balde os 20 contos con pictogramas de Aprendices Visuais.




Son dúas coleccións de contos. A colección Aprende, para poder traballar a autonomía na casa: o lavado de mans, o baño, a comida, vestirse ou lavarse os dentes. Tamén o traballo de emocións básicas: contento, triste, asustado, enfadado e sorprendido.
Na colección Disfruta, encontraredes 5 contos ideais para a iniciación á lectura, divertidos e con historias de aventuras como : El Oledor Explorador, La Rana Pirata, El Dragón Chef, Las Pelusas se mudan de casa o El Pajarito Rosa


Atoparédelos todos no seguinte enlace :











CONSTRÚE A TÚA HISTORIA

Bo día.

No día de hoxe, propoñévosvos unha tarefa na que tedes que elaborar unha historia. Só tedes que entrar na páxina pequenas historias e ordenar as imaxes que alí aparecen. Logo, teredes que contar o que pasa en cada viñeta e...voilà...xa tedes a vosa historia.

Podedes axudarvos das seguintes preguntas:
  • ¿Quen son os personaxes?
  • ¿Que che parece que pasou?
  • ¿Como se sinten?
  • ¿Como remata a historia?




Un saúdo.

miércoles, 15 de abril de 2020

ERRE QUE ERRE


Bo día.

A tarefa de hoxe vai dirixida a aqueles nenos e nenas que lles costa un pouquiño o fonema /r/. Así que aquí vos deixamos uns vídeos para que non vos esquezades de practicar.


       



Un saúdo.

martes, 14 de abril de 2020

COMPRENSIÓN ORAL

Bo día!

Esperando que todos e todas sigades ben, despois destes días de descanso, comezamos semana e novo trimestre.

Dende o Departamento de Orientación deixámosvos un vídeo-conto, para que o vexades e logo contestedes a unhas preguntiñas. Podedes escribilas ou ben facelas de forma oral. 

Pinchade aquí.





Un saúdo.





jueves, 2 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL SOBRE A CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Bo día!

2 de abril é o día escollido polas Nacións Unidas para concienciar ó mundo sobre o Autismo, co obxectivo de mellorar a calidade de vida tanto da poboación infantil como dos adultos que sofren este trastorno.
A campaña deste ano ten o seguinte lema: "Puedo aprender puedo trabajar" e anímanos a compartir nas redes sociais algunha foto ou vídeo cunha ferramenta que represente as nosas habilidades. Outra das iniciativas é a de colgar algo azul nas ventás, un anaco de tea azul, un corazón azul, un globo azul,...
Colaborades?






 Ánimo!💙💙

miércoles, 1 de abril de 2020


Bos días nenos/as.
Hoxe comezamos novo mes.  Deixamos o calendario do mes de abril para que sigades facendo as rutinas.

Esperamos que esteades levando o mellor posible este confinamento.

Bicos.

Calendario ABRIL

EL HIJO DE BIGFOOT

Bo día! Hoxe repasamos as táboas de multiplicar a través deste entretido xogo. Só tedes que premer no enlace ...e a xogar!! Un saúdo.